O noso servizo SEO en Santiago de Compostela

Se non apareces en Google é moi probable que necesites a nosa axuda.
¡Axudámosche a impulsar o teu negocio online!

Por que facer SEO en Santiago?

Cada vez máis persoas buscan servizos e produtos en Santiago de Compostela e para os negocios locais isto é unha oportunidade de darlles a estas persoas o que buscan, sendo unha fonte de tráfico excelente e de maneira moi rendible se o comparamos con campañas pagas como PPC ou en redes sociais.

Imagina que tes unha tenda de produtos ou ofreces servizos locais a domicilio. Cunha correcta optimización en buscadores, a túa web aparecerá nas primeiras posicións, polo que as persoas entrarán ao teu sitio web, coñecerán a túa marca e comprarán ou contratarán.

O SEO local entra en xogo cando ofreces servizos nunha área xeográfica determinada, como por exemplo Santiago de Compostela.

Gaña máis tráfico á túa web e mellora a túa conversión grazas ao SEO, eu axudaréiche.

Saúl Vérez

Posicionamento SEO en Santiago de Compostela

A miña metodoloxía de traballo

Sempre fago unha revisión inicial á túa web para ver o seu estado actual, que problemas ou deficiencias pode ter, para propoñerte un plan ou estratexia SEO, e así priorizar as tarefas a realizar na túa web.

Se o teu negocio non ten sitio web, tamén podo axudarche co seu deseño web, pois dedícome tamén a esa parte.

Ademais diso, debemos facer unha investigación de palabras clave para determinar como os teus clientes ou usuarios buscan os teus produtos ou servizos en Google. Sen estas palabras clave é moi difícil chegar ao teu público obxectivo, pois é como disparar a escuras.

Unhas correctas bases SEO son o primeiro paso para alcanzar os primeiros lugares en Google.

¿Como o fago?

Entre a multitude de tarefas que realizo para optimizar as páxinas web, destacan:

Auditorías SEO

Análise da túa web para determinar o seu estado actual e detectar erros a mellorar.

SEO Local

A optimización da túa web + Google My Business é moi potente para conseguir clientes cualificados para o teu negocio

Optimización On Page

Deixo a punto a túa web internamente: palabras clave, etiquetado SEO, enlazado interno, arquitectura web, contidos, etc

Linkbuilding

Realizo campañas de enlaces para mellorar a autoridade do teu sitio web. Tamén chamado SEO off page.

¡Traballemos xuntos!

Dále o empuxón que a túa web necesita para estar en Google

Resultados

As optimizacións SEO que fixen en Santiago de Compostela e outras cidades de Galicia trouxeron moi bos resultados aos negocios locais. Os meus clientes teñen informes antes e despois das tarefas realizadas, así como os resultados obtidos por estas accións.

Fagamos cálculos sinxelos: Se che custa 4€ cada cliente a través de PPC e consegues 100 ao mes serían 400€ mensuais. Se o seguinte mes non pagas, non terás eses 100 clientes. Se invistes en SEO 400€ por exemplo durante 3 meses, serían 1200€ que logo amortizarás cando comezan a chegar eses clientes, que ademais van perdurar e incluso aumentar esa cifra.

Se non invistes en SEO é posible que sigas estando nas últimas posicións dos buscadores como Google.

Aumenta a túa visibilidade en Internet
Atrae clientes cualificados ao teu negocio
Mellora a túa taxa de conversión: chamadas, formularios, vendas, reservas

¡Fagámolo mellor xuntos!

Encántame brindar aos meus clientes a confianza e seguridade para lograr os obxectivos propostos ao inicio de calquera campaña de SEO na cidade de Santiago de Compostela.

Aparecer nas primeiras posicións polas palabras clave da túa cidade vai supoñer unha fonte de tráfico cualificado, constante e a menor prezo que se realizas unha campaña de pago en PPC ou redes sociais.

Ademais enfócome en levarche o mellor tráfico posible polo que vai supoñer un aumento nas túas vendas, solicitudes de servizo ou recoñecemento de marca.

Respondo as túas posibles dúbidas

¿Que é o SEO no marketing?

O SEO é unha disciplina dentro do marketing dixital que debes incluir sí ou sí na túa estratexia dixital. O tráfico orgánico supón a maior fonte de tráfico na maioría das grandes empresas. Ademais, se optimizas o teu negocio a nivel local, a taxa de conversión subirá de maneira excelente porque a xente ten unha necesidade e ti a podes cubrir cos teus produtos ou servizos.

¿Podo facer SEO por min conta?

Se tes os coñecementos e as ferramentas necesarias, claro que podes, pero se incurres en mala práctica ou por inocente realizas accións penalizables, a túa web verase afectada nos buscadores.

¿Como funciona o SEO?

A maneira máis sinxela de explicar é que Google ten un algoritmo intelixente que clasifica os sitios web de acordo co seu algoritmo e logo mostra nos resultados de busca o que considera responde mellor á busca feita. O meu traballo baséase en mellorar a túa puntuación aos ollos de Google.

¿Podo pagarlle a Google para que me posicione mellor?

En canto ao tráfico pago, é a súa principal vía de ingresos. Pero o tráfico orgánico non se pode pagar, xa o determina o seu algoritmo e por iso é tan importante o SEO

¿Me garantizas a posición 1?

O SEO ás veces pode ser incerto, pero un traballo correcto realizado, aumenta as probabilidades de mellorar o teu posicionamento. Quen te garanta resultados, mentirache, pois son moitas variables en xogo, entre as principais: o nivel de competencia que exista no teu nicho e os recursos que entran en xogo.

¿Utilizas ferramentas profesionais?

Screaming frog, SEMrush, Ahrefs, entre outras sempre están na miña caixa de ferramentas.